Preguntas frecuentes

DIPLOS é unha plataforma da oficina virtual de emprego para buscar formación, esta plataforma ofrece a cidadáns ocupados e/ou desempregados unha ampla oferta de cursos.

Cursos

¿Como busco un curso?

  • Mediante a ferramenta de búsqueda localizada na páxina principal pódense buscar cursos rapidamente utilizando a caixa de búsqueda “Que queres aprender?”. Recorda utilizar palabras clave que poidan conter o nome do curso, especialidade, familia profesional e/ou concello no que terá lugar a acción formativa na que esteas interesada/o.
  • Tamén dende a páxina principal pódense atopar cursos aplicando criterios de selección por seccións ou categorías, como por exemplo “Novos Cursos”, “Con compromiso de contratación”, “Online”, ou seleccionar un curso de “Recente creación” ou “A piques de comezar”.
  • A opción “Necesitas axuda” vaite facilitar atopar un curso axustado ás túas necesidades. DIPLOS conta cun módulo de axuda chamado "Preciso axuda?", localizado na páxina principal do buscador, que mediante unha serie de preguntas vaite guiar na busca dos cursos que te interesen.
  • Asi mesmo podes acoutar a búsqueda aplicando diferentes filtros. Estes filtros inclúen a posibilidade de localizar o lugar de impartición do curso no mapa, especificar a quen vai dirixido, determinar cando comeza, cal é a modalidade de impartición (presencial, mixta ou virtual), a provincia e concello en que terán lugar as actividades presenciais e a familia profesional á que pertence, entre outros. Podes acceder aos filtros no marco localizado na marxe esquerda da páxina web.
Para poder visualizar máis información sobre o curso preme na ficha do curso no que estás interesado e poderás visualizar toda a súa información: contidos a impartir, modalidade de impartición, número de horas, lugar de impartición das actividades presenciais (de ser o caso), datos de contacto coa entidade de formación, etc...
Se estas identificado en DIPLOS só necesitas premer o botón "SOLICITAR", localizado na marxe superior dereita da páxina web. No caso contrario DIPLOS rediríxeche á oficina virtual para identificarte. Se a inscrición se realizou de maneira satisfactoria amosarase a seguinte mensaxe: "A súa solicitude rexistrouse correctamente". Podes visualizar todas as solicitudes realizadas no apartado da área persoal, na pestaña de "Solicitudes".

Área privada

¿Qué podo visualizar na área privada?

Se estas identificado en DIPLOS poderás visualizar os teus propios datos persoais, as solicitudes e o estado de todos aqueles cursos nos cales solicitaches inscribirte así como descargar os diplomas ou certificados dos cursos realizados (só daqueles cursos para os que se emitira un diploma ou un certificado dixital, ano 2020 en adiante).